TAREFA DA SEMANA RELACIONADA COAS PLANTAS
Bos días familias,
Que tal? Como pasástedes o fin de semana? Seguro que paseástedes moitísimo con este bo tempo!
Esta semana a tarefa relacionada co proxecto de Van Gogh só é unha e é super sinxela. Consiste en plantar unha semente e ver o seu crecemento.
Para elo, preséntovos unha forma de plantar (vídeo de YouTube) que o explica moi ben e que mo mandou a mamá de Martiño (moitas grazas):
Xunto a isto, ensínovos tamén como foi o meu proceso:
Primeiro, collín todos os materiais:
A continuación, fixen un recipiente para colocar a auga e a tapa da botella. Para elo, aproveitei unha botella de plástico (tede coidado que se colledes esta, pode cortarvos!):
Logo, metín na tapa da botella un pouco de algodón, a semente e auga:
Finalmente, puxen a tapa flotando no recipiente con auga...
... e agora só queda esperar para ver como vai crecendo e transplantala despois á terra!
A partir desta actividade (na cal podedes plantar varias sementes por se algunha non crece), podedes realizar outras moitas tarefas:
- Debuxar cada certos días a planta para ver como vai crecendo e os cambios que presenta.
- Medir a planta e logo comparar o tamaño con días anteriores.
- Identificar as partes das plantas.
Un dos pequenos que xa comezou a realizar esta actividade foi Martiño, cuxas lentellas estaban crecendo así de ben...
... ata que un animal llas comeu e ten que volver a empezar. 😌
AGORA TÓCAVOS A VÓS!
Comentarios
Publicar un comentario