NOVO RETO E TAREFIÑAS
Bos días familias,
Que tal? Foron os pequenos/as onte á praia? E pasear? Espero que esteades todos xenial! 😊
Hoxe, o RETO que vos propoño, ao igual que o de onte, é de atención e memoria. Este consiste en colocar varias figuras nun folio fixándote na súa forma e na súa cor. A continuación, telo que verbalizar e memorizar para logo intentar debuxalas nun papel.
Para realizar esta actividade comeza con figuras da mesma cor e forma, para pouco a pouco ir introducindo combinacións de atributos. Preséntovos varios exemplos de como ir avanzando na presentación das figuras:
Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo por Lucía, quen me mandou un montón de actividades que fixo estes días, como o reto da brocheta de formas, que lle quedou xenial 😊:
Ademais disto, seguiu afondando nas plantas realizando distintas actividades:
Outra actividade que tamén realizou foi o das simetrías:
Finalmente, fixo varias actividades escritas para traballar conceptos matemáticos...
... e de lectoescritura:
Fixo un montón de actividades, verdade? Encántame!
Outro pequeno que tamén realiza moitas tarefiñas é Álex que levou a práctica o reto de escribir o seu nome con obxectos:
Auga - Lapis - Estoxo - Xarope
Outra actividade que tamén realizou foi a de medir as lentellas vendo o rápido que están crecendo. Xa medraron 6 cm! 😲
Ademais destas actividades, realizou distintas tarefas de matemáticas...
... de comprensión lectora e escritura de minúsculas ...
... e de vocabulario de inglés, concretamente, das cores:
A maiores de todo isto, dálle tempo a xogar un montón e a realizar múltiples tarefas veraniegas, como ir á praia aproveitando para escribir...
... observar a fauna que se lle sube 😊...
... e ir en moto de auga co seu papá! Pasouno xenial! 😍
Para rematar as actividades dos máis maiores, sinalar a Martiño, o cal continúa coa súa rutina diaria de lectura (mandoume un audio onde está lendo un conto en minúsculas de marabilla 😊) e matemáticas, a través dunha fichiña que consistía nun laberinto, tendo que sinalar os que sumaban 10:
Encántame ambas actividades, sobre todo, poder escoitar o ben que le xa! 😊
Con respecto aos máis cativos, sinalar a Cloe que realizou un montón de tarefas esta semaniña. Entre elas, rematou o mural de Vincent Van Gogh que lle quedou así de ben 😀:
En pararelo a este, estivo investigando porque perdeu unha orella este gran artista e onde está Arles.
A maiores, plantou as lentellas e estivo observando como foron crecendo estes días...
(Debeunas coidar súper ben porque están enormes 😍)
Pola súa banda e atendendo aos retos, realizou dous xeniais: o de escribir o seu nome con obxectos...
Corazón - Leite - Ovo - Estrela
... e o do dominó:
Finalmente, mandoume imaxes de pulseiras de corazóns que fixo con Navia e outras que realizou para o cumple da súa tía:
Encántanme! Son chulísimas! 😍
Ademais, comentoume que sigue practicando a escritura e os números, e que vai a praia, onde fai torres con pedras, e conta tamén as que lanza ao mar. Non para! Está todo o tempo facendo cousiñas! 😊
Para rematar, desexarvos que pasedes un moi bo fin de semana!
UN MONTÓN DE BICOS!


































Comentarios
Publicar un comentario