NOVO RETO E TAREFIÑAS




Bos días familias, 

Que tal? Como van os pequenos/as?

Hoxe o RETO que vos propoño é sobre números. O que tendes que facer é buscar números (non moi altos, ata o 100, está ben) pola casa en diferentes obxectos para logo facer varias actividades con eles, como é ordenalos de menor a maior axudándovos do cadrante, identificar as decenas e unidades, contar canto saltos hai que dar dun a outro, sumar, restar,... e todo o que se vos ocurra! 😊
Por exemplo, os números que atopei eu son:

                         19 - 11 - 36 - 45 - 60 - 52 - 86 - 18 - 86 - 7 - 8 - 9 - 50
















Temos un montón de números ao noso redor!!

Atendendo xa as TAREFAS dos pequenos/as, hoxe comezo con Adrián Lago, o cal ía pintar como Van Gogh coas témperas...


... pero decidiu que era mellor escribir números! 😊


Además, comentoume a súa mamá que ve vídeos en YouTube deste pintor e que traballa un montón co seu primo da mesma idade. Segue así de ben! 😀

Un dos compañeiros de Adri é Martiño que me comentou que fixo a súa rutina diaria (lectura, actividade de escritura e de matemáticas) e a maiores doulle cor a algunhas das obras de Van Gogh e escribiulle o seu título. Quedáronlle así de ben:


Están xeniais 😍. Ademais, viu o que xa lera: o amarelo é a cor que máis usa este pintor, xunto co azul, o laranxa e o vermello en menor cantidade. Moi ben!

Pola súa banda, Antía tamén traballa un montón. Neste caso, mandoume varias das actividades que lle propuxo o mestre Dani como a das ventás e a de crear a palabra:




A que as fixo xenial? 😀 Pois, a maiores, realizou a tarefa de Van Gogh sobre as letras do seu nome, escribindo ela en maiúsculas e minúsculas as palabras:

Ademais, fixo unha actividade plástica das que vos propuxera que era da silueta da man...


... e realizou varias sumas:


Traballou xenial! 😍

Atendendo xa aos pequenos/as de catro anos, Gabriel está realizando moitas actividades, como os retos que vos propuxen:

- A botella de encestar coa cal estivo xogando un montón e axudou a facer o burato:


- A paisaxe. Nela, fixo casiñas con pezas de Lego e puxo os bonecos. Quedoulle así de ben:




Xunto a isto, tamén estivo traballando cos números a través da relación cantidade-grafía e fixo varios debuxos como Van Gogh:



Encántame o ben que está facendo as tarefas! 😍

Finalmente, Carlota tamén traballou moitísimo. Entre as distintas cousas que me mandou, están algunhas tarefas que vos propuxen de Van Gogh, como é co seu nome escribir outras palabras...


... e facer un mural escribindo aspectos da súa vida e o título dalgunhas das súas obras:




Quedoulle xenial, a que si? 😍 Pois comentoume que o que máis lle gusta é "A noite estrelada", ao igual que a moitos de vós. 

Ademais, estivo realizando algunha fichiña para traballar as letras minúsculas...




... e de matemáticas:






A maiores, comentoume que está xogando un montón con Mateo facendo cabañas onde len contos ou xogan, e pasean. Pásano xenial! 😊

Seguide todos e todas así de ben!

Moitísimas apertas!!!

9 mejores imágenes de Abrazos. | Abrazos, Abrazo y Hugs



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS