TAREFAS DOS PEQUERRECHOS/AS
Bos días outra vez familias,
Esta segunda entrada ten como obxectivo ensinarvos todas as TAREFAS que fan os pequenos/as e que son moitísimas. Ademais, de ver isto, podo comprobar que mirades un montón o blog todos os días ao facer os retos que vos propoño.
Entre os nenos/as que me mandaron entre onte e hoxe algúns deles, está Noa, a cal realizou a torre máis alta ca ela. Díxome que primeiro mediuse e que a súa estatura é de 1,20 m. Está altísima! Logo, fixo a torre e comparouse:
Está xenial, verdade? 😀😀
Outro dos retos que levou a cabo é o de buscar palabras que contiveran algunha das letras que vos dera. A partir desta actividade, traballou a lectoescritura e as minúsculas, moi ben!😊
A última imaxe que me mandou é dun colar que creou para conmemorar os maios. Fixo un para ela e outro para Lúa que lle encantou. Está chulísimo 😍.
Finalmente, comentoume que está realizando unha investigación de Van Gogh, buscando todos os cadros de flores que pintou. Ademais, descubriu porque pintaba estes elementos... e era porque non tiña cartos para pagar modelos. Está aprendendo un montón!
Outro pequeno que tamén estivo facendo os retos que vos propoño é Álex, o cal practicou a fotografía creativa así de ben:
Encántanme as fotos con eses efectos especiais. Están de marabilla e son supercreativas! 😍
Ademais deste reto, fixo o da torre máis alta ca el...
... e o de buscar palabras que contiveran as letras que vos escribira:
A maiores disto, estivo investigando que Van Gogh pintara SETE CADROS DE XIRASOIS e despois representou un deles con plastilina:
Quedoulle xenial, verdade? 😍
Finalmente, mandoume algunha imaxe máis mostrándome que lle dou tempo incluso a facer algunha fichiña de mates...
... a practicar as minúsculas...
... e a realizar unha tarefa das propostas do mestre Dani:
Fixo un montón de cousas e iso que estivo enfermo, aínda que xa se recuperou e xa comezou a saír e a xogar. Xenial! 😊
Outro dos pequenos/as que fixo o reto da foto creativa foi Lucía, que a fixo así de ben parecendo que o oso se mete no cubo:
O truco está en que o tamaño do oso é así:
Quedoulle xenial! 😍
A maiores deste reto, fixo tamén unha actividade que vos propuxera sobre as plantas. Está aprendendo un montón sobre elas 😀:
Finalmente, leu un conto deste libro, así como estivo mirando varios experimentos dos que trae...
... e fixo varias fichas para practicar matemáticas. Realizounas así de ben (aínda que algunha actividade é un pouquiño complicada):
Traballa un montón e fai moitísimas tarefas de distinto tipo!😊
Por outra banda, Martiño estivo facendo a súa rutina diaria: leu un pouquiño, practicou as letras minúsculas, as cales xa realiza perfectamente como podedes ver...
... e realizou unha fichiña de descomposición:
Xa traballou un montón hoxe! 😍
Comezando cos pequenos/as de catro anos, Leo mandoume varias fotos das actividades que estivo facendo esta semana. Entre elas, están varios retos como o de crear unha historia mesturando personaxes doutros contos que pasou a cartulina e que lle quedou así de ben coa axuda da súa mamá:
Tamén, realizou o reto de buscar e escribir as palabras coas letras dadas:
Escribiunas moi ben, verdade? 😍
Pois a maiores fixo unha das actividades propostas que era representar Os xirasois, el fíxoo debuxándoos con rotuladores:
Finalmente, mandoume algunha fichiña que fixo para practicar as letras en maiúscula e minúscula...
... para repasar a serie numérica e as sumas...
... así como coloreou así de ben:
Traballou un montón, verdade? Segue así! 😊
Para rematar as tarefas, quédame falar de Roi, o cal, ao igual que os seus compañeiros/as traballou un montón e fixo moitísimas actividades. Entre elas, está o reto da botella de encestar:
Ademais, estivo coloreando algúns dos cadros de Van Gogh (quedáronlle xenial 😊)...
... e fixo varias actividades sobre Ricardo Carvalho Calero. Seguro que xa sabe un montón del (recordade que na entrada anterior fálovos del):
Finalmente, mandoume unha actividade do profe Dani...
... e unha fichiña de matemáticas:
Finalmente, comentoume a súa mamá que le, escribe e realiza un montón de cálculos mentais. Está realizando moitísimas tarefas e de marabilla! 😍
SEGUIDE TODOS E TODAS ASÍ DE BEN E GOZADE DO FIN DE SEMANA EN FAMILIA E XOGANDO QUE É O MÁIS IMPORTANTE!
11+8 BICAZOS!
Comentarios
Publicar un comentario