OBRAS DE VAN GOGH

Bos días familias, 

Que tal? Como ides traballando cos pequenos/as? 

Hoxe, o RETO que vos propoño é empregar a técnica "Ensalada de contos", a cal consiste en mesturar personaxes de diferentes contos para crear historias propias. Logo, podedes pór un título e representar o conto inventado con debuxos, títeres,...
Seguro que vos sale un conto chulísimo! Espero fotos con moitas ganas 😊.

Por outra banda, e vendo que moitos nenos/as xa avanzaron no mural de Van Gogh, propóñovos para estes días visualizar algunhas das súas obras, como son as seguintes:


Los comedores de patatas (1885):


Agostina Segatori sentada en el Café du Tambourin (1887):
Los girasoles (1888):

vincent van gogh

El café de noche (1888):


El dormitorio en Arlés (1888):
La Silla de Van Gogh (1888):
Terraza de café por la noche (1888):
Noche estrellada sobre el Ródano (1888):
Los Lirios (1889):
Autorretrato (1889):
Autorretrato con oreja vendada (1889):
La noche estrellada (1889):
Campo de trigo con cipreses (1889):
Retrato del doctor Paul Gachet (1890):
Almendro en flor (1890):
Campo de trigo con cuervos (1890):
Ademais de visualizar ditas obras, tamén podedes entrar nos seguintes enlaces para ampliar información. Por exemplo, no Museo Van Gogh en Ámsterdam, a través do cal podedes facer unha visita virtual:

(tendes que baixar na páxina ata aquí):



Outro enlace que vos envío é sobre unha exposición que se fixo das súas obras moi chula:

https://www.youtube.com/watch?v=BbgrHnbgoDU


A partir de aquí, algunhas actividades que podedes facer é:
  • Escribir o título das obras.
  • Relacionar o título das obras coa súa correspondente imaxe.
  • Facer unha ficha de cada obra co seu título, unha breve descrición do que se observa, así como o que nos fai sentir. Finalmente, poden representar os pequenos/as os cadros a través dun debuxo.
  • Escribir cal é o seu cadro favorito e por que. Tamén, poden escribir o que menos lles gusta e por que. 
  • Representar algún cadro de Van Gogh con diferentes técnicas como a través dun collage, con témperas, plastilina,...

Recordade que todas estas actividades se deben realizar con calma e mesturando estas con outras tarefas como os retos que propoño, co obxectivo de que os pequenos/as non se cansen da temática que estamos a traballar. Por tanto, para a súa posta en práctica fan falla varios días polo que facédeo tranquilamente.

A aprender un montón! 😊


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS