ALGUNHAS TAREFIÑAS DOS NENOS E NENAS!
Bos días familias,
Que tal? Como pasástedes onte o día? Recibístedes algunha visita ou fóstedes vós dar algunha? Espero que esteades todos e todas xenial!
Comezando polo RETO, hoxe é super sinxelo e son moi pouquiños pasos.
Primeiro, tendes que medir a vosa altura cunha cinta métrica ou metro (se tedes), senón podedes empregar medidas non convencionais como contar cantas palmas das mans medides, pés,...
A continuación, hai que facer unha torre máis grande ca vosa estatura con cousas que haxa pola casiña, como rollos de papel de cociña, libros, bloques de construción de xoguete, caixas de cartón,... todo que se vos ocurra e teñades a man. Para a súa posta en práctica, é importante fixarvos nos números, no tamaño dos obxectos,...
Finalmente, queda comprobalo a través da vosa comparación coa torre.
Seguro que o facedes xenial!
Atendendo xa ás TAREFAS que me ides mandando, entre onte e hoxe recibín moi pouquiñas, seguro que paseástedes e estivéstedes en familia un montón! 😊
Entre os nenos/as que me enviaron algunha tarefa está Lucía, a cal fixo o reto que vos propuxen onte de dúas formas distintas:
A maiores, e logo de visualizar o vídeo do camaleón sobre as plantas, debuxou unha árbore con pintura de dedos, así de ben 😊:
Finalmente, realizou algunha fichiña de mates:
Traballou un montón, verdade? Segue así de ben! 😍
Por outra banda, Martiño tamén fixo o reto que vos propuxen onte, servíndolle tamén para practicar as minúsculas:
... e unha fichiña de matemáticas para continuar practicando as decenas:
Gústame moitísimo ver o ben e o moito que traballa! 😍
Para rematar, convídovos a seguir mandándome cousiñas tan chulas e a manter unha pequena rutina!
MOITÍSIMAS APERTAS!
Comentarios
Publicar un comentario