TRABALINGUAS E ACTIVIDADES DOS PEQUENOS/AS
Bos días familias,
Que tal? Saen moito os nenos e nenas a pasear? Seguro que si e que o están pasando xenial!
O RETO que vos propoño hoxe é o recitado de dous trabalinguas, a ver se sodes capaces:
Se as miñas guedellas
Se as miñas guedellas
se me enguedellaron,
enguedelladas
non deben de estar.
Desenguedelládemas,
desenguedelládemas,
se as podedes
desenguedellar.
Do queixo non me queixo
Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende,
que non mo deixa de balde
(Ditos trabalinguas están collidos da páxina web https://orellapendella.gal/ onde hai moitos ditos, caricias, xogos,... Está moi ben!)
Fóstedes capaces? Seguro que si, pero senón non pasa nada. Agora, o que podedes facer é representalos cun debuxo para traballar a imaxinación!
Atendendo xa ás TAREFAS dos nenos/as, hoxe comezo con Noa, a cal me mandou varios dos retos que vos propuxen como é a paisaxe que lle quedou así de ben:
Tamén, fixo a botella de encestar:
Están xeniais ambos retos. 😊
Ademais de todo isto, rematou o mural de Van Gogh escribindo aspectos da vida deste pintor, recortando e pegando as letras do seu nome e poñendo cousas sobre Theo (o seu irmán favorito). Encántame! 😍
Xunto a todo isto, fai xogos de mesa, algunha ficha de matemáticas e sigue facendo crebacabezas online das obras do autor que estamos a traballar, na seguinte páxina web (nela podes elixir a cantidade de pezas que prefires):
Finalmente, comentoume que viu vídeos superdivertidos dos distintos tipos de animais vertebrados, como é o da seguinte ligazón:
(Darlle as grazas a mamá de Noa por mandarme ambos enlaces)
Atendendo a outra compañeira de cinco anos, Lucía, esta tamén fixo un dos retos que vos propuxen, o das nubes encontrando un montón de animais, obxectos,... Mirade que ben:
A que ten unha gran imaxinación? Encántame 😍.
Ademais disto, fixo unha ficha de inglés...
...varias de matemáticas (onde traballou as formas xeométricas, problemas, exercicios de representar decenas e unidades,...) ...
... e de escritura facendo oracións en letras minúsculas:
Fixo un montón!😊
Finalmente, comentoume que foi de paseo e que xogou a voar a cometa:
Para rematar as tarefas de hoxe, quédame falar dos pequenos/as de catro anos, entre os cales, está Alma, que fixo unhas galletas (co seu super vestido de princesa) que teñen unha pinta riquísima:
Eu quería unhas poucas 😋! Ademais, díxome que le todas as noites e que fai un montón de tarefas. Segue así! 😊
Para rematar, sígovos animando a que traballes tan ben como ata agora.
Un superbicazo para todos e todas!!
Comentarios
Publicar un comentario