TAREFIÑAS DOS NENOS E NENAS

Bos días outra vez familias, 😊

En primeiro lugar, comentarvos que as tarefas que vos presentei na anterior entrada de Van Gogh e para ir facendo pouco a pouco ao longo de toda a semana. En paralelo a isto, preséntovos como sempre un novo RETO. Hoxe, este está relacionado coa lectoescritura e o que tendes que facer é buscar cinco obxectos que teñan no seu nome algunha das seguintes letras:

A                       O                       L                       M

Despois da súa busca, tendes que escribir o seu nome en forma de lista.

Moita sorte, seguro que o facedes xenial! 😊

Atendendo xa ás TAREFAS dos nenos/as que me foron enviando, hoxe son todas dos máis maiores, e entre eles está Álex que me mandou un montón de cousiñas, como as seguintes:

- Copiou o cadro de Van Gogh "A noite estrelada" e quedoulle así de ben!😍


- Fixo algunha actividade de inglés para traballar o vocabulario:




- Traballou aspectos lóxico-matemáticos e de razoamento a través de distintas fichiñas:










Finalmente, puiden saber por un paxariño que estes días montou en bicicleta e que xogou ao fútbol! Seguro que o pasou xenial! 😊

Martiño, pola súa banda, fixo o reto que vos propuxera da lanterna, quedoulle de marabilla:




Está xenial, verdade? 😍 Pois outro paxariño tamén me dixo que xoga moito cos seus irmáns e que pasea un montón! 😊


Laura é outra das pequenas que tamén me mandou un montón de imaxes do que estivo realizando estes días.
Entre elas, pódese ver que estivo xogando cos animais véndoos en 3D. Seguro que lle encantou e de paso aprendeu un montón de características deles:




Se vós tamén queredes probar, mándovos un titorial de como se fai:

https://www.youtube.com/watch?v=lm8Hm8WMGNU

Ademais disto, fixo o reto da botella de encestar que lle quedou de marabilla...



... practicou o vocabulario da familia en inglés...



... e repasou matemáticas con algunha fichiña:




Traballou un montón, a que si? Pois a maiores vai pasear todos os días co seu avó e está feita toda unha agricultora pois axudoulle a plantar pementos na horta. Ademais, o fin de semana foi pasear a praia e está practicando a usar a bici sen rodíns, é unha chica supermaior! 😊

Para rematar, Lucía tamén estivo traballando moitísimo. Entre as tarefas que me mandou, está unha das que vos propuxen hoxe: representar os xirasois, neste caso, ela usou plastilina e quedoulle así de ben:




A maiores, fixo un experimento de ver a clorofila a través do microscopio...








... fixo o reto do vaso-lanterna...





... e o da silueta das sombras:




Finalmente, realizou algunha fichiña de escritura de minúsculas e de matemáticas:








Segue así de ben e facendo cousas tan chulas! 😍

Encántame que fagades tantas actividades e tan diversas!!



10 + 9 apertas!


Garfil y odi | Abrazo de amigos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS