RETO DIARIO E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS

Bos días familias, 

Que tal? Como pasástedes onte o día? Como van os pequenos/as? A próxima vez que os vexa xa apenas os recoñecerei, seguro que cambiaron un montón 😀.

Hoxe, o RETO que vos propoño é unha actividade que fixeramos tamén na aula e que lles gustara moito aos nenos/as. Consiste en facer un prato de formas atendendo á seguinte receita:


Agora tócavos a vós levala a cabo! 😊

Con respecto ás TAREFAS dos cativos, hoxe comezo cos de catro aniños, entre os cales, está Gabriel, quen estivo plantando as lentellas así de ben:



Ademais disto, estivo facendo varias fichiñas practicando a grafomotricidade...


... a escritura de números...



... e coloreando:


Está xenial todo, verdade? 😊

Finalmente, comentoume que axuda moito na casa facendo as tarefas do fogar e que vai pasear á praia. Seguro que o pasa de marabilla! 😍

Outra pequena de catro anos é Carlota, que me comentou que, ao igual que Gabriel, vai todos os días á praíña pola tarde (seguro que o pasa xenial 😊) pero que pola mañá realiza varias actividades como:
- O reto de escribir o seu nome con obxectos:



- Fichiñas de sumas e restas:



- Fichiñas para practicar a escritura en minúsculas:



Traballa un montón verdade? 😍
Finalmente, díxome que tivo un pequeno problema á hora de levar a cabo o reto, porque un ovo que ía empregar para escribir a letra O caeulle e rompeulle antes de comezar. Que mala sorte!

Atendendo xa aos maiores, sinalar a Lucía que segue traballando moitísimo facendo múltiples tarefas, como ser toda unha artista pintando un dos cadros de Van Gogh así de ben:



Quedoulle de marabilla! 😍
Outras actividades que realizou foron varias fichiñas de matemáticas...




... e de lectoescritura:



A maiores de todas estas tarefas, fixo tamén a proposta do mestre Dani que consiste en realizar un debuxo mentres se escoita unha peza musical dada polo profe. Para poder ver esta, mándovos o enlace:


Outra nena de cinco anos é Laura que me sigue mandando cousiñas que vai facendo todos os días. Entre elas, están varios retos como o das fotos creativas, que lle quedaron súper ben:



Encántanme, e gústame aínda máis saber que o pasou xenial! 😍
Outro dos retos que levou a cabo foi o de buscar caras atopando algunha coma esta...


... e creando algunha outra:




Canta imaxinación! 😊
A maiores destes dous retos, tamén puxo en práctica o de escribir o seu nome con obxectos...


... e o de simetría:


Finalmente, comentoume que polas noites ve o camaleón en YouTube, que lle encanta, e traballa un pouquiño os animais:



Fai un montón de actividades! E dálle tempo incluso a pasear pola praia, andar en bicicleta, ir á horta,... Non para 😊.

Para rematar por hoxe, destacar a Martiño, que fixo o reto do dominó xenial:


Dito reto logo aumentouno con máis libros facendo unha ringleira enorme 😊:


A maiores deste, continuou coa súa rutina de realizar algunha fichiña de matemáticas...


... e a lectura e escritura dun conto de Bubela:


Encántame todo! 😍


Para rematar, dicirvos que estou moi contenta de ver que seguides coa vosa rutina (aínda que sexa pouquiño tempo) e que tamén gozades do bo tempo indo á praíña. Hai día para todo! 😊


UNHA APERTA ENORME! 

ABRAZO~1.JPG] | Dibujos de colores, Dibujos para niños, Dibujos ...











Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!