RETO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS
Bos días familias,
Esta nova entrada é para presentarvos o reto diario máis as tarefiñas que me foron enviando os pequenos/as entre onte e hoxe.
Comezando co RETO, hoxe trátase dunha manualidade super chula, un proxector artesanal! 😊
Primeiro, preséntovos os materiais que empreguei:
- Un vaso de un só uso.
- Papel transparente.
- Celo.
- Tesoiras.
- Rotuladores (mellor permanentes) para decorar.
A continuación, collín o vaso e corteille a parte de abaixo así:
Logo, recortei un círculo de papel transparente...
... e pegueino con celofán:
Finalmente, fíxenlle o debuxo:
Para poñelo en práctica, collín a lanterna do móbil e coloqueina dirixíndome cara o debuxo dende o outro lado:
É unha manualidade moi fácil de facer pero cun resultado moi chulo! Animádevos!
Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo con Leo, o cal esta semana traballou un montón. Entre todas as actividades que fixo, están os retos que vos propoño diariamente como foi o das nubes, buscando un can...
... un cervo...
... ou a letra v:
Canta imaxinación! Encántame! 😍
Outro dos retos que realizou foi o de buscar cantidades, coma estas...
... e realizar logo varias actividades con elas:
A maiores, realizou o reto do conto inventado, cuxo título e personaxes son:
O conto narrado mandoumo a súa mamá e encantoume!😊
Xunto a todo isto, doulle tempo a facer algunhas fichas de matemáticas...
... a repasar as letras maiúsculas e minúsculas a través do abecedario...
... a continuar aprendendo sobre os animais e o mundo...
... e a aprender vocabulario en inglés!
Traballou un montón, a que si? 😊
Outra das pequenas de catro anos é Sara, que me comentou a súa mamá que foi pasear ata a praia e que realiza un montón de tarefas. Entre elas, está facer algunha fichiña de matemáticas axudándose de obxectos...
... e outra de escribir e relacionar maiúsculas con minúsculas:
Para rematar, mandoume unha foto onde se ve a casiña de bonecas con cartón reciclado que creou. Encántame! 😍
A mellor amiga de Sara, Desi, tamén me comentou que foi pasear a praia e que o pasou moi ben (mandoume un vídeo deste paseo mollando os pés e ata me emocionei véndoa a todo rirse, como vos boto de menos!) 😌. Ademais, fixo un montón de tarefas:
- O reto dos problemas de matemáticas e algunha fichiña de sumas:
- Algunha tarefiña para traballar a escritura das letras maiúsculas e minúsculas:
A que traballou un montón? Encántame! 😍
Atendendo xa aos pequenos/as de cinco anos, Noa fixo un dos retos que vos propuxera e que é o teatro de sombras. Fíxoo xenial e traballou un montón para conseguilo: recortou os títeres, fixo o teatrillo, creou o guión e representouno con axuda de mamá e papá! Non podo estar máis contenta! 😊
Outro reto que tamén puxo en práctica foi o de repasar as sombras:
Xunto con todo isto, liu os trabalinguas, construíu palabras...
... e fixo algunha actividade coa táboa do 100:
Segue así de ben! 😀
Pola súa banda, Lucía tamén está facendo algún dos retos que vos propuxen como é o circuito de onte. Ademais, continuou avanzando no mural de Van Gogh (agora escribiu cousiñas da súa vida), cada vez quédalle menos...
A maiores, realizou actividades escritas como de matemáticas...
... e de escritura de frases:
Para rematar, fixo un teléfono con iogures...
... e viu na clase de inglés de Clan as diferenzas nos cadros de Van Gogh. Xenial, segue traballando así de ben! 😍
Para rematar, Martiño mandoume un vídeo onde se ve que fixo o reto do circuito dentro da casa (encantoume) e unha gravación dicindo o trabalinguas. Fixo xenial ambas cousas!! 😍😍
Ademais, estivo facendo crebacabezas de Van Gogh na dirección que me mandara a mamá de Noa:
Seguro que os está facendo de marabilla!
Espero que me sigades mandando todos e todas cousiñas tan chulas!
19 superapertas!
Comentarios
Publicar un comentario