RETO DIARIO E TAREFIÑAS

Bos días familias, 

Que tal? Hoxe non fai moi bo día para ir pasear, verdade? A ver se mellora o tempo...😔 Pero tranquilos/as que os pequeñajos non teñen porque aburrirse se segue chovendo, poden facer un montón de cousas: debuxar, pintar, xogar a xogos de mesa, ler, cantar, falar,... Outra cousiña que tamén poden realizar é o RETO diario, o cal esta vez ten como finalidade desenvolver a pareidolia. Sabedes que é isto? Explícovolo. Esta é a capacidade de ver caras en lugares inesperados. Así a fachada dunha casa, unha fregona,... pódense converter en cariñas recoñecibles. 
Animádevos a descubrir caras ao voso redor, seguro que hai algunha! E se non a atopades, compoñédea!
Eu ensínovos o que atopei na miña casa e arredores:






... e algúns que fixen eu:



Atendendo xa ás TAREFAS dos nenos e nenas, nesta entrada comezarei cos máis maiores, entre os cales, está Martiño, que continúa mandándome cousiñas todos os días sobre o que vai facendo. Neste caso, envioume uns debuxos que fixo a partir da lectura dun conto que lle gustou moito, Secreto de familia (eu lino e tamén me encantou 😍):


Este libro, na última páxina, pide debuxar a familia á hora de levantarse da cama. Entón, Martiño debuxou aos chicos un pouco desaliñados ao levantarse comparándoos cun animal... 😊


...e Carmela ás chicas:


Agora podíades probar vós a ler o conto e a debuxar despois a vosa familia! Eles fixérono xenial! 😍
Outras actividades que realizou xa hoxe foi o reto das palabras...





... e unha fichiña de mates!


Ademais, imprimiu un conto descargable e personalizado del e máis de seu irmán Uxío para colorealo 😍:


Traballou un montón, verdade?😊

Outro neno de cinco anos é Álex que tamén traballa moitísimo. Entre as distintas cousiñas que fixo, están varios retos que vos fun propoñendo estes días, como a simetría, que fixo xenial...



... ou o de onte de crear palabras a partir das que vos dei eu. Encontrou moitísimas:



Ademais disto, plantou as lentellas tendo que esperar agora a ver como crecen:



Finalmente, realizou varias fichiñas para practicar vocabulario en inglés, a escritura en minúsculas, fixo un encrucillado e levou a cabo varias actividades de matemáticas:






Fai moitísimas actividades. Pois, a maiores, comentoume que xoga a palabras encadeadas, a buscar parellas de Rayo, ao Uno, ao dominó,... e cando vai pasear xoga a dicir palabras e deletrealas. Non para! 😍

Un gran amigo de Álex é Martín que tamén realizou varias actividades escritas de matemáticas así de ben:




A maiores, estivo lendo un conto:


Fixo moitísimo, verdade? 😍 Ademais, seguro que encantado porque lle gustan moito as matemáticas.

Un gran amigo de Martín, e ao cal tamén lle encantan as mates, é Adrián Lago, que realiza un montón de actividades cos seus primos, así como xoga con mamá a adiviñar números. Algunha fichiña que fixo foi:






Están xeniais todas as actividades! Encántame 😀

Outra nena que tamén me manda cousas chulísimas é Lucía, a cal fixo varias actividades onte, como o reto das palabras...


... ou o das simetrías:




Quedoulle xenial, verdade? Era súper difícil... A maiores deste exercicio de simetría, afondou un pouco máis nela a través doutra actividade...




Xunto a isto, realizou algunha fichiña para practicar matemáticas, a lectoescritura,..





... e está facendo o crebacabezas de Van Gogh:


Para rematar cos máis maiores da aula, destacar a Noa que tamén fixo o reto da simetría (e iso que era complicado 😊)...


... e o de escribir as palabras atendendo á cantidade de letras que as compoñen:


Ademais de mandarme estas actividades que fixo súper ben comentoume que por fin puido visitar aos seus amigos de Muros pasándoo de marabilla e envioume o debuxo para o concurso de Mareando historias, animádevos! 😊

Con respecto aos pequenos/as de catro aniños, Carlota tamén me mandou varias fotiños co que fixo como o reto de LandArt que lle quedou así de ben:


Outra actividade que realizou foi practicar as minúsculas, facéndoas xenial 😀: 


Ademais, comentoume que fai moitas actividades en familia (un dos retos da semana pasada) como pasear en bici, regar o que plantaron na horta de seu avó,... Atendendo a esta plantación, está afondando moito nas plantas como que as raíces necesitan auga para vivir e medrar. Finalmente, díxome que rescatou unha boneca que era da súa mamá e que lle encanta porque é enorme e pode poñerlle roupa súa. Seguro que o pasa xenial! 😍

Para rematar, mándovos moitísimos ánimos porque xa sei que agora estades xa cansos da escola na casa!

MIL BICOS!

El niño que no quería dar besos. Cuentos para niños




Comentarios