NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS

Bos días familias,

Que tal os pequenos/as? Saen moito de paseo? Puideron verse con algúns amigos/as? Seguro que si pero tamén teño seguro que teñen moitísimas ganas de poder ir a praia e bañarse, pero xa queda pouco... Moito ánimo!

Atendendo ao novo RETO, hoxe está relacionado co pensamento lóxico-matemático, concretamente, coa simetría. Esta actividade consiste en que se lle presente un dos lados ao neno/a e que el o continúe de maneira simétrica, ofrecéndolle todos os materiais necesarios. Preséntovos o meu para que o teñades de exemplo. Ensinaríaselle ao neno/a así:


... xunto cun lote co material que precisan (podedes ver que sirve calquera obxecto para esta tarefa)...


E logo eles/as completaríano:


Seguro que o fan xenial! 😊

Con respecto ás TAREFAS dos nenos/as, hoxe comezo con Carlota, a cal está realizando un montón de actividades. Entre elas, fixo o borrajancho para o concurso proposto polo profe Dani e o reto dos números, atopando un montón pola casa:





Outras actividades que realizou de lóxica matemática son varias fichiñas, algunhas delas do método ABN:











A maiores, estivo practicando as letras minúsculas así de ben:


Traballou un montón, verdade? 😊 Pois comentoume tamén que pasea moitísimo e que vai a praia e salta polas pedras. Ademais, recibiu algunha visita e foi dar ela outra. 😍

Atendendo aos máis maiores xa, entre eles, está Noa, a cal realiza todos os retos que vos propoño e fainos xenial! Entre as imaxes que me mandou, está o Land Art que o fixo así de chulo...


... e as fotos creativas!



Ademais, díxome que con respecto ao reto da palabra galega favorita a súa é: 
PRAIA 
porque lle encanta o verán e ten moitas ganas de ir.
Xunto a isto, tamén me comentou que xa se deu algún baño... pero na piscina que ten na horta, aínda que a auga está un pouquiño fría. 😖
Para rematar, contoume que, a maiores das rutinas diarias de matemáticas, lectura e escritura, plantou pementos, tomates e leitugas e que xa miden 19,23 e 6 cm. Para a semana vai a volver a medilos para ver canto creceron.😀

Outro dos nenos que traballa todos os días e me manda fotiños é Martiño, o cal estivo realizando varias actividades escritas de matemáticas...





... e de práctica de minúsculas coas letras do reto que vos propuxen onte de buscar palabras atendendo a cantidade de letras:


Traballa un montón, verdade? E faino xenial! 😊

Outra das nenas maiores é Lucía, a cal me mandou fotiños de como quedou o seu experimento coa acelga e o colorante:





A partir de aquí, pódeselle explicar aos nenos/as como se alimentan as plantas: os nutrientes soben pola raíz (neste caso a auga con colorante) por uns tubiños ata chegar a toda a planta, incluídas as follas, para alimentala e que poida crecer.
Xunto con este experimento, continúa a afondar no coñecemento da planta a través do seu proceso de crecemento:



A maiores, estivo realizando algunha fichiña de matemáticas...




... e facendo formas coas flores e follas que colleu:
... como un globo...

...unha cometa...


...unha flor...


... e un caracol!


Quedáronlle chulísimas todas, sobre todo, o caracol que seguro lle levou un montón de traballo! 😍
Finalmente, díxome que viu o conto de As pitas baixo a choiva e que fixo o cuestionario sobre Ricardo Carvalho Calero acertando todo o código. Xenial! 😊

Para rematar hoxe coas tarefiñas, ensínovos o que fixo Álex, que tamén traballa moitísimo! Entre todas as fotos que me mandou, pódese ver que fixo varias fichiñas de matemáticas, como as seguintes:









A maiores de todas estas, fixo algunha máis sobre o vocabulario en inglés como son as cores:


Ademais, díxome que recibiu algunha visita, que xoga un montón e que o domingo foi pasear pola praia. Cantas cousas!
Finalmente, comentoume que pensou no reto da palabra en galego preferida e que a súa é:
APERTA
porque lle encanta darlla ás persoas que quere. 
A min tamén! 😍

Ademais, tamén fixo o reto das familias, xogando todos xuntos ao fútbol, ao paxariño inglés, ao escondite, a andar en bicicleta,... Xenial!

Para rematar esta entrada, comentarvos que o día 25 pecha o prazo para participar no concurso de Mareando historias:


Animádevos a participar!

MOITÍSIMOS BICOS!

MIS CREACIONES 2018: Gif | Gif lindos, Amor gif, Cosas lindas para ...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS