RETO E TAREFIÑAS DOS NENOS E NENAS
Bos días familias,
Que tal? Hoxe, aínda que sexa luns, só vou facer unha entrada, porque non vamos avanzar máis con Van Gogh nin as plantas, ao ver que os ánimos xa van decaendo despois de tantos días da escola na casa e poder ir por fin á praia. De todas formas, isto non significa que se deixe a rutina escolar, senón que podedes continuar afondando vós nos temas que máis vos gusten. Ademais, o que si vou seguir presentando é o RETO diario.
Con respecto a este, hoxe consiste en pór o voso nome empregando a primeira letra de distintos obxectos. No meu caso, por exemplo, sería así:
A L B A
afialapis libro bolígrafo auga
Atendendo xa ás TAREFAS que me siguen mandando os nenos/as, hoxe comezo por Cloe, que fixo un montón. Entre todo isto, está pasear co seu avó pola lagoa de Louro e escoitar as historias de animais mariños e personaxes que lle vai contando. Encántalle! 😊 Durante estes paseos, está aprendendo tamén sobre as plantas e viu patos, unha nutria e no inverno ata medusas! Pero con súa avoa, non se queda atrás e con ela segue a rutina do calendario e le contos de libros.
A maiores de todo isto, fixo algún reto como o Land Art que lle quedou así de chulo...
... ou o de formar palabras a partir doutra:
Ademais destes, afondou un pouquiño máis no coñecemento das plantas facendo unha actividade escrita e en Van Gogh co seu súper mural:
Finalmente, fixo algunha fichiña de repaso de matemáticas:
Traballou un montón, verdade? Segue así de ben e gozando cos avós, os seus paseos e historias! 😍
A mellor amiga de Cloe é Navia, que tamén realiza un montón de tarefiñas, como o reto do Land Art empregando estes materiais:
Ademais deste, mandoume varias fotografías onde se ve que estivo practicando a escritura das minúsculas:
Xunto a todo isto, comentoume tamén que está aprendendo a andar na bici sen rodíns, téndoo xa case controlado! Xenial! 😍
Outra pequena de catro anos é Carlota, que tamén estivo traballando un montón facendo varios retos como o da simetría:
Fíxoo de marabilla e iso que non lle custou nadiña! 😊
Outro reto que tamén levou a cabo foi o de formar palabras:
Finalmente, estivo aprendendo sobre os países do mundo axudándose dun globo terráqueo:
Para rematar por hoxe cos nenos e nenas de 4 anos, quédame por falar de Leo, que esta semana traballou un montón facendo varios dos retos que vos propuxen como...
... o das fotos creativas...
... o da simetría...
... o do vaso-lanterna...
... ou o de formar novas palabras a partir doutra:
Encántame os catro retos que fixo, sobre todo, o das fotos! Están xeniais! Seguro que o pasou de marabilla e se riu un montón facéndoas. 😍
A maiores disto, xoga un montón á oca (xa sabedes que me encanta que xoguedes a xogos de mesa porque con eles aprendedes moitísimas cousas: lóxica-matemática, cumprimento das normas,...):
Tamén xoga cunha cartas para aprender vocabulario en inglés:
Finalmente, mandoume unha fichiña que fixo para practicar as partes das plantas tendo que sinalalas el a partir dunha que colleu, de matemáticas e de escritura:
Atendendo aos pequenos/as de cinco anos, sinalar a Laura que tamén realizou case todos os retos que vos propuxen como é o de buscar as palabras atendendo á cantidade de letras, a elección da súa palabra galega favorita que é VERMELLO e o de formar novas palabras a partir doutra:
Outro dos retos que realizou foi o do Land Art...
... e o de buscar números pola casa e logo facer algunha actividade matemática con eles:
Encontrou moitos, verdade? 😊
Ademais de ditos retos, plantou as lentellas...
... e realizou algunha fichiña para traballar o vocabulario en inglés e matemáticas:
Fixo moitísimas actividades! Segue así 😍
Para rematar, destacar a Lucía que fixo o reto de buscar caras, atopando estas:
Están xeniais! 😊
Ademais, estivo observando como foron crecendo as lentellas do venres...
... a hoxe:
A maiores, continuou realizando actividades de simetría...
... e algunha fichiña de mates:
Finalmente, como toda unha lambona, elaborou galletas cos seus primos. Seguro que estaban boísimas e eu sen probalas 😔:
Teñen unha pintaza!
Para rematar esta entrada, comentarvos que o 17 de maio ademais de ser o día das Letras Galegas é o día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia, polo que dende o departamento de orientación publicaron un documento con curtas que abordan esta temática para que poidades ver:
MIL APERTAS!
Comentarios
Publicar un comentario