TAREFAS DOS PEQUENOS/AS
Bos días familias,
Como a entrada de Van Gogh é un pouco longa, fago esta nova entrada para subir as TAREFIÑAS dos pequenos/as que me ides mandando:
Para elo, hoxe comezo cos nenos/as de cinco anos, entre os cales está Lucía, que todos os días me manda cousiñas, como é a realización dos retos. Neste caso, fixo o da paisaxe, a cal era unha cidade (logo de facela xogou cos Pinypon):
Tamén, puxo en práctica os pasos que vos mandei para facer a manualidade de encestar. Quedoulle así de ben:
Por outra parte, tamén me mandou actividades que realizou de inglés, logo de ver o conto "George and the dragon"...
...de problemas de lóxica-matemática...
...e de educación plástica do profe Dani:
Traballou un montón! 😍
Tamén me comentou que saíu a pasear e xogou a saltar nos charcos, algo que lle encanta 😊 e que fixo unha receita cun resultado con moi boa pinta: Polo ao curry! Ademais e para que os compañeiros/as a poidan facer, mandoume os pasiños que seguiu:
Primeiro, escribiu os ingredientes...
... e presentounos:
Puxo a facer a cebola en 2-3 culleradas de aceite:
Engadiu os allos e removeu ata pochar:
Cortou o polo en taquiños e tamén o puxo na sartén:
Salpimentou:
E engadiu o curry (non todo, mellor ao final para non pasarse):
Púxolle a salsa de tomate, o leite e o caldo:
Incorporou a fariña para espesar...
... e comida feita!
Seguro que estaba para rechupetearse os dedos (a elas encantoulles) 😋!
Pola súa banda, e ao igual que Lucía, Laura tamén estivo realizando varias tarefas das que vos propuxo o profe Dani (ao final da publicación póñovos o enlace onde aparecen todas estas actividades para recordárvolo). Quedáronlle así de ben 😍:
Outro neno de cinco anos é Álex, o cal tamén fixo a manualidade da botella e quedoulle así de ben:
Xunto a isto, tamén estivo traballando xenial a Vincent Van Gogh a través da tarefa do seu nome e da creación do mural:
E a maiores, fixo algunha actividade de inglés e de matemáticas:
Traballou un montón! 😊
Para rematar, e como é toda unha lambona, fixo un biscoito cunha pinta boísima 😋e escribiu os seus ingredientes:
Segue así! 😊
Ademais deste reto, puxo en práctica o da paisaxe empregando lentellas, macarróns, arroz e xoguetes. Quedoulle xenial! 😍
Por outra banda, estivo realizando o mural de Vincent Van Gogh escribindo sobre a súa vida e os títulos dalgunhas das súas obras máis importantes:
Xunto a todo isto, doulle tempo a facer algunha actividade escrita de matemáticas...
... así como de vocabulario de inglés!
Para rematar, tamén me mandou algunha manualidade que fixo como un crocodilo chulísimo...
...varios debuxos...
... e comentoume tamén que lle axudou a súa mamá a decorar a súa habitación con vinilos. Quedoulle superchula!
Canto traballou, a que si? Pois a maiores segue xogando a xogos de mesa, sae todos os días a pasear andando ou en bici e xoga co seu irmán Lucas. Segue así 😊!
Pola súa banda e rematando cos pequenos/as de cinco anos, sinalar a Martiño, o cal tamén sae a pasear cos seus irmáns (vímonos mantendo a distancia de seguridade 😊). Ademais, mandoume un vídeo onde se pode ver que fixo o reto da botella pero cunha pequena variación:
Se queredes probar a facelo, a súa mamá mandoume o vídeo de como se fai (moitas grazas):
https://www.youtube.com/watch?v=sPPBwX7wAzo&feature=youtu.be
Ademais deste reto, fixo o da paisaxe que lle quedou xenial...
... e fixo plastilina caseira. Para elo, mandoume unhas fotiños dos pasos que foi facendo para creala:
Primeiro, colleu os ingredientes que son:
- Medio vaso de fariña.
- Un cuarto de vaso de sal.
- Medio vaso de auga.
- 1 cullerada de aceite.
- 2 culleradas de limón.
A continuación, fixo o proceso que consiste en:
Engadimos a unha pota a fariña e logo o sal e mesturamos. A continuación, poñemos a auga, o aceite e o limón. Encendemos o lume para que se vaia facendo a mestura pouco a pouco durante uns minutiños e removemos:
Déixase facer ata que quede unha pasta como a súa e deixamos enfriar ata poder botarlle a man.
Engadimos as cores cunhas gotiña de colorante alimentario...
... e amasamos todo para que quede homoxénea a cor:
E plastilina elaborada! Quedoulle xenial!
Finalmente, só queda unha cousiña: xogar coa plastilina como fixo el!
Comentarvos que para conservar a plastilina, esta debe almacenarse nunha bolsa de plástico ou nun tuper.
Se preferides ver a elaboración, a súa mamá compartiume a ligazón que é esta:
Encántame as manualidades que fai 😍. Segue así de ben!
Atendendo xa aos pequenos/as de catro anos, destacar a Adrián Otero que me mandou un montón de cousas que realizou estes días.
Entre elas, está a realización dalgúns dos retos que propuxen como:
- Buscar formas nas nubes:
- Facer unha paisaxe, neste caso, el fíxoa de moitos animais:
- Realizar a manualidade da botella que lle quedou chulísima:
Ademais disto, continuou traballando as letras de múltiples formas, como...
... pintándoas con xiz na estrada:
... relacionando as letras maiúsculas coas minúsculas...
... e escribindo as letras que faltan en palabras:
Ao igual que coas letras, para traballar os números e as operacións matemáticas empregou múltiples actividades, como...
... escribindo os números na estrada (como as letras)...
... contar empregando coches de xoguete ou pinzas...
... empregando tarxetas...
... xogando a algún xogo de mesa...
... ou realizando algunha fichiña:
A que tivo ideas xeniais para traballar os números e as letras? Encántame 😍!
Ademais de todo isto, estivo practicando inglés con algunha actividade como de vocabulario de animais e prendas:
Tamén, realizou algunha manualidade coma un xirasol como os da obra de Van Gogh...
... e xogou coas siluetas das mans e dos pés:
Está traballando un montón! 😊
Para rematar cos nenos/as, sinalar a Roi que tamén está realizando moitísimas tarefas, entre as cales, están os retos que vos vou propoñendo como é o dos problemas matemáticos (engadindo el un problemiña máis)...
Para rematar cos nenos/as, sinalar a Roi que tamén está realizando moitísimas tarefas, entre as cales, están os retos que vos vou propoñendo como é o dos problemas matemáticos (engadindo el un problemiña máis)...
... ou o das adiviñas (inventando el a maiores outra):
Están xenial ambos retos! 😍
Xunto a todo isto, doulle tempo a facer algunha tarefiña que facíamos na escola como o bicharraco...
... e a realizar outras actividades coas que tamén aprende un montón, como unha sopa de letras, un sudoku ou aprender sobre como se produce o día e a noite:
Para rematar, mandoume varias fotiños sobre os seus paseos, nos que aproveita incluso para escribir:
Encántame! Segue así de ben! 😊
Para rematar esta entrada, recordarvos que os outros mestres/as tamén suben varias tarefiñas que podedes ir facendo como:
- Paula, mestra de inglés:
https://manolitothecat.blogspot.com/search/label/Infantil
- Dani, mestre de educación artística (música e plástica):
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/taxonomy/term/18
- Manolo, mestre de educación física:
https://pasodebolaegua.wordpress.com/
- Zoila, mestra de relixión:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/node/554
(ditos enlaces aparecen na barra lateral que se desprega se lle dades as tres liñas da marxe esquerda superior).
Seguide todos así de ben!
Un millar de bicazos!!
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘
Están xenial ambos retos! 😍
Xunto a todo isto, doulle tempo a facer algunha tarefiña que facíamos na escola como o bicharraco...
... e a realizar outras actividades coas que tamén aprende un montón, como unha sopa de letras, un sudoku ou aprender sobre como se produce o día e a noite:
Para rematar, mandoume varias fotiños sobre os seus paseos, nos que aproveita incluso para escribir:
Encántame! Segue así de ben! 😊
Para rematar esta entrada, recordarvos que os outros mestres/as tamén suben varias tarefiñas que podedes ir facendo como:
- Paula, mestra de inglés:
https://manolitothecat.blogspot.com/search/label/Infantil
- Dani, mestre de educación artística (música e plástica):
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/taxonomy/term/18
- Manolo, mestre de educación física:
https://pasodebolaegua.wordpress.com/
- Zoila, mestra de relixión:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/node/554
(ditos enlaces aparecen na barra lateral que se desprega se lle dades as tres liñas da marxe esquerda superior).
Seguide todos así de ben!
Un millar de bicazos!!
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘
Comentarios
Publicar un comentario